Actividades





RUTAS GUIADAS
Coñeza o noso patrimonio natural, cultural, monumental, etnográfico, gastronómico,… a través dunha viaxe activa por la comarca do Eume. Ofrecemos varias suxerencias de rotas de carácter temático, pero se estas non responden aos seus intereses particulares podemos elaborar itinerarios á carta: rotas de senderismo polo Parque Natural “Fragas do Eume”, visita ao Museo Etnográfico da Capela ou o Museo do Mel, visita ao Parque Etnográfico do Sesín, visita ao casco vello de Pontedeume…
Este rico patrimonio cultural serviranos para introducirnos na nosa historia, costumes, lendas, gastronomía…
Prezos e condicións das visitas a consultar.

Conozca nuestro patrimonio natural, cultural, monumental, etnográfico, gastronómico,... a través de un viaje por la comarca del Eume. Ofrecemos varias sugerencias de rutas de carácter temático, pero si estas no responden a sus intereses particulares podemos elaborar itinerarios a la carta: rutas de senderismo por el Parque Natural “Fragas do Eume”, visita al Museo Etnográfico de A Capela o al Museo da la Miel, visita al Parque Etnográfico del Sesín, visita al casco viejo de Pontedeume...
Este rico patrimonio cultural nos servirá para introducirnos en nuestra historia, costumbres, leyendas, gastronomía...
Precios y condiciones de las visitas a consultar.

RUTA GUIADA Nº 1: VISITA CASCO ANTIGO DE PONTEDEUME (CONCELLO DE PONTEDEUME)

RUTA GUIADA Nº 1: VISITA CASCO ANTIGUO DE PONTEDEUME (AYUNTAMIENTO DE PONTEDEUME)

Comezaremos a visita á vila medieval de Pontedeume no peirao, ao pe da ponte e da torre dos Andrade. A vila de Pontedeume é fundada ex novo no século XIII por privilexio de Afonso X “O Sabio”. Toma o seu nome do río Eume e na súa orixe tiña forma de cuadrícula axiña rodeada por unha muralla, coas súas torres e portas, da que a día de hoxe só se conserva un pequeno fragmento ao pé da igrexa parroquial de Santiago.
Pasaremos polas antigas lonxas e cárcere, que datan do século XVIII, tamén dese século é o emblema da vila, o torreón dos Andrade, o único que se conserva do pazo dos Andrade, residencia desta senlleira familia noble galega. Continuaremos a visita en dirección á igrexa parroquial de Santiago, igrexa barroca mandada construír por Bartolomé Rajoy y Losada, arcebispo de Santiago e natural da vila. A seguinte parada será a outra igrexa de Pontedeume, a das Virtudes. De regreso ao punto de saída, pasaremos polo convento dos Agostiños e a súa antiga alameda, onde se celebraba a feira do gando.
E remataremos a visita na praza do Concello, onde tamén coñeceremos a portada barroca do pazo de Rajoy y Losada, o edificio do Concello e a Cátedra da Latinidade, actual biblioteca e un dos edificios máis antigos que se conservan na vila.

Todo o percorrido é guiado e apto para tódolos públicos
Duración aprox.: 1 hora
Recoméndase calzado cómodo 
Torreón dos Andrade

Empezaremos la visita a la villa medieval de Pontedeume en el puerto, al lado del puente y del torreón de los Andrade. La villa de Pontedeume fue fundada ex novo en el siglo XIII por privilegio de Alfonso X “El Sabio”. Toma su nombre del río Eume y en su origen tenía forma de cuadrícula, rodeada por una muralla, con sus torres y puertas, de la que a día de hoy solo se conserva un pequeño fragmento al lado de la iglesia parroquial de Santiago.
Pasaremos por las antiguas lonjas y cárcel, ambas del siglo XVII, y el emblema de la villa, el torreón de los Andrade, lo único que se conserva de la primitiva residencia de esta familia noble gallega. Continuaremos la visita en dirección a la iglesia parroquial de Santiago, iglesia barroca mandada costruír por Bartolomé Rajoy y Losada, arzobisbo de Santiago y natural de la villa. La siguiente parada será la otra iglesia de Pontedeume, la de las Virtudes. De regreso al punto de partida, pasaremos por el convento de los Agustinos y su antigua alameda, en donde se celebraba la feria del ganado.
Finalizaremos la visita en la plaza Real, donde también conoceremos la fachada barroca del palacio de Rajoy y Losada, el edificio del Ayuntamiento y la Cátedra de la Latinidad, actual biblioteca y uno de los edificios más antiguos que se conservan en la villa.

Todo el recorrido es guiado y apto para todos los públicos
Duración aprox.: 1 hora 
Se recomienda calzado cómodo 
Vista sobre la Ría de Ares y Pontedeume

RUTA GUIADA Nº 2: MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA – IGREXA DO PAZO – MOSTEIRO DE CAAVEIRO (CONCELLO DA CAPELA)

RUTA GUIADA Nº 2: MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELA – IGLESIA DE O PAZO – MONASTERIO DE CAAVEIRO (AYUNTAMIENTO DE A CAPELA)


Comézase a ruta no Museo Etnográfico da Capela (“Casa do Pazo”), antiga casa reitoral hoxe reconvertida en museo no que se amosa a estrutura básica e o modo de vida nunha casa do rural de finais do século XIX – principios do XX. Nela repásase a organización do fogar tradicional así como distintos oficios que se levaban a cabo na época e as labores cotiás dunha casa de labranza.
A seguinte parada ten lugar na Igrexa Parroquial de Santiago da Capela (situada no mesmo lugar do Pazo) que data do século XII e ten planta románica. Nela  pódese destacar a torre do campanario,  á que se accede dende o exterior mediante unha escaleira de pedra que torna de caracol no seu interior, e o adro co fermoso cruceiro.
Unha vez vista a Igrexa do Pazo tomamos camiño cara o Mosteiro de Caaveiro, para o cal nos internamos nas Fragas do Eume. Falamos do mellor bosque atlántico costeiro de toda Europa.  Un Parque Natural de gran beleza e que ademáis contén distintas especies tanto animais como vexetais que só se poden atopar no corazón da Fraga. Para chegar ao Mosteiro de Caaveiro usaremos a ruta medieval orixinal que unía a antiga casa prioral co mosteiro,  cruzando fermosa ponte sobre o Río Sesín e polo muíño en ruínas que servía ao mosteiro.
Por último disfrutaremos das fermosas vistas da Fraga que nos ofrece o Mosteiro de Caaveiro, que é un dos elementos patrimoniais máis importantes da comarca do Eume e que destaca pola igrexa de Santa Isabel, de estilo románico. Sin dúbida un lugar que non deixa indiferente a quen o visita pola beleza do seu entorno e a súa singularidade.

Todo o percorrido é guiado e a dificultade é baixa
Duración: ½ xornada
Recoméndase calzado adecuado para sendeirismo 
Vista sobre a "Casa do Pazo" e a Igrexa parroquial de Santiago

Empieza la ruta en la Casa de O Pazo, antigua casa rectoral hoy reconvertida en museo etnográfico en el que se muestra la estructura básica y el modo de vida de una casa del rural de finales del  siglo XIX – principios del XX. En ella se repasa  la organización del hogar tradicional así como distintos oficios que se llevaban a cabo en la época y las labores cotidianas de una casa de labranza.
La siguiente parada tiene lugar en la Iglesia Parroquial de Santiago de A Capela (situada en el mismo lugar de O Pazo) que data del siglo XII y tiene planta románica. En ella se puede destacar la torre del campanario,  a la que se accede desde el exterior mediante una escalera de piedra que se vuelve  de caracol en su interior,  y el atrio con el hermoso crucero.
Una vez vista la Iglesia de O Pazo tomamos camino hacia el Monasterio de Caaveiro, para lo cual nos internamos en las Fragas del Eume. Hablamos del mejor bosque atlántico costero de toda Europa.  Un Parque Natural de gran belleza y que además contiene distintas especies tanto animales como vegetales que solo se pueden encontrar en el corazón de la Fraga. Para llegar al Monasterio de Caaveiro usaremos la ruta medieval original que unía la antigua casa prioral con el monasterio, cruzando por el hermoso puente y el molino que servía al monasterio.
Por último disfrutaremos de las hermosas vistas de la Fraga que nos ofrece el Monasterio de Caaveiro, que es uno de los elementos patrimoniales más importantes de la comarca del Eume y que destaca por la iglesia de Santa Isabel, de estilo románico. Sin duda un lugar que no deja indiferente a quien lo visita por la belleza de su entorno y su singularidad.

Todo el recorrido es guiado y la dificultad es fácil
Duración: ½ jornada
Se recomienda calzado adecuado para senderismo
Monasterio de Caaveiro en el corazón de As Fragas del Eume



RUTA GUIADA Nº3: MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA- INSCULTURAS PÉTREAS DE GUNXEL-PARQUE ETNOGRÁFICO DO SESÍN

RUTA GUIADA Nº 3: MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELA-INSCULTURAS PÉTREAS DE GUNXEL- PARQUE ENTOGRÁFICO DEL SESÍN

        A visita comezará no Museo Etnográfico da Capela  (”Casa do Pazo”), onde coñeceremos os modos de vida, de traballo e os oficios nunha casa tradicional rural.
Continuaremos a pé ata a “Aira de Mallar”, onde se mallaba o cereal antigamente, as marcas dos canteiros e as insculturas pétreas da ”Pena dos Mosqueiros”, magnífico mirador das Fragas do Eume.
 A continuación visitaremos o Parque Etnográfico do Sesín, “museo” ao aire libre nun bosque de ribeira (bidueiros, ameneiros, salgueiros...) onde se representan as actividades económicas complementarias dunha casa rural tradicional (os muíños, a elaboración do carbón, a recolleita da casca,  das castañas, do mel...).
Todo o percorrido é guiado e apto para tódolos públicos. Ruta circular
Duración: ½ xornada
Recoméndase calzado adecuado para sendeirismo


O Zoqueiro (Museo Etnográfico da Capela)
Os Tecidos (Museo Etnográfico da Capela)
La visita comenzará en el Museo Etnográfico de A Capela (“Casa do  Pazo”), donde conoceremos los modos de vida, de trabajo y los oficios en una casa tradicional rural.
Continuaremos a pie hasta la “Aira de Mallar”, en donde se trillaba el cereal antiguamente, las marcas de canteros y las insculturas pétreas de “A Pena dos Mosqueiros”, magnífico mirador a las Fragas del Eume.    
A continuación visitaremos el Parque Etnográfico del Sesín, “museo” al aire libre en un bosque de ribera (abedules, alisos, sauces...) en donde se representan las actividades económicas complementarias para la autosuficiencia de la casa rural tradicional (los molinos, la elaboración del carbón, la recogida de la corteza, de las castañas, las colmenas...).


Todo el recorrido es guiado y apto para todos los públicos. Ruta circular
Duración: ½ xornada
Se recomienda calzado adecuado para senderismo
Puente medieval sobre el Río Sesín


Patrones de hornos (Pena dos Mosqueiros)




RUTA GUIADA Nº4: PRAIA DA MADALENA (CABANAS) - POBO DE REDES

RUTA GUIADA Nº 4: PLAYA DE A MADALENA (CABANAS) - PUEBLO DE REDES

          Esta ruta transcorre integramente a pé de costa, polos concellos de Cabanas, Fene e Ares. O punto de saída é o final do paseo da praia da Madalena, coñecida como praia de Cabanas, onde subiremos unhas escaleiras de madeira para comezar o paseo a pé de costa. 
O sendeiro  levaranos ata Redes bordeando a ría de Ares, e pasando por varias calas: a de Chamoso, Almieiras, Coído e a de Redes. A medio camiño deterémonos nos restos do que foi un muíño “de maré” ou muíño de mareas, cun funcionamento similar a os de río pero accionado polas mareas (é un dos poucos restos de muíño de mareas que quedan na comarca). 
Continuaremos pegados á costa en dirección ó hermoso pobo costeiro de Redes, onde poderemos ver a típica arquitectura costeira, a súa preciosa praza e as baterías militares que formaban parte do complexo sistema defensivo das rías de Ares e Ferrol no século XVIII.

Duración: ½ xornada.
Recomendacións: calzado específico para camiñar.
Todo o percorrido é guiado e a dificultade é baixa (5 Km aprox.)


Praia e pobo de Redes

           Esta ruta transcurre íntegramente a pie de costa  por los ayuntamientos de Cabanas, Fene y Ares. El punto de salida es el final del paseo de la Playa de A Madalena, conocida como playa de Cabanas,  donde subiremos unas escaleras de madera para comenzar el paseo a pie de costa.
           El sendero nos llevará hasta Redes bordeando la Ría de Ares, y pasando por varias calas, la de Chamoso, Almieiras, Coído y la de Redes.  A medio camino nos detendremos en los restos de los que fue un molino de "maré" o molino de mareas, con un funcionamiento similar a los de río, pero accionado por las mareas (es uno de los escasos restos de molinos de marea que quedan en la comarca).
         Continuaremos pegados a la costa en dirección al hermoso pueblo costero de Redes, donde podremos ver la típica arquitectura costera marinera, su preciosa plaza y las baterías militares que formaban parte del complejo sistema defensivo de las Rías de Ares y Ferrol en el siglo XVIII.

Duración: ½ jornada.
Recomendaciones: calzado específico para caminar.
Todo el recorrido es guiado y la dificultad es baja (5 Km aprox.)

Restos de las baterías defensivas de Redes

RUTA GUIADA Nº 5: FERRERÍA HIDRÁULICA DO MACHUCO - MUÍÑO DO BARREIRO- IGREXA DE CABALAR- RÍO CUBERTO (RÍO BELELLE, CONCELLO DA CAPELA)

RUTA GUIADA Nº 5: HERRERÍA HIDRÁULICA DE O MACHUCO - MOLINO DE O BARREIRO - IGLESIA DE CABALAR - RÍO CUBERTO (RÍO BELELLE, AYUNTAMIENTO DE A CAPELA)

    Esta ruta transcorre ao longo do río Belelle entre un bosque autóctono moi ben conservado. O lugar de inicio son os restos da antiga ferrería hidráulica no lugar do Machuco na Capela. A partir daquí seguirémolo río Belelle ata o muíño do Barreiro, de principios do século XX e un dos máis grandes da comarca.
Continuamos río abaixo ata encontrarnos coa igrexa de Santa María de Cabalar, e para seguir o sendeiro de río Cuberto, onde o río Belelle desaparece baixo as rochas durante varios metros. 
A área recreativa de Formariz, á beira do río, será o remate da ruta.
Esta ruta pódese completar con unha visita á Cooperativa CampoCapela, para coñecer o proceso de fabricación de alimentos lácteos, destacando o coñecido Requeixo da Capela (en función da dispoñibilidade de dita cooperativa).

Duración: ½ xornada.
Recomendacións: calzado específico para camiñar e roupa cómoda.
Todo o percorrido é guiado e a dificultade é media-baixa (4 Km aprox.)






       Esta ruta transcurre a lo largo del río Belelle entre un bosque autóctono muy bien conservado. El lugar de inicio son los restos de la antigua herrería hidráulica en el lugar de O Machuco en A Capela. A partir de aquí seguiremos el río Belelle hasta el molino de O Barreiro, de principios del siglo XX y uno de los más grandes de la comarca.
Continuamos río abajo hasta encontrarnos con la iglesia de Santa María de Cabalar, y para continuar el sendero de río Cuberto, donde el río Belelle desaparece bajo las rocas durante varios metros. 
El área recreativa de Formariz, al lado del río, será el final de la ruta.
Esta ruta se puede completar con unha visita a la Cooperativa CampoCapela, para conocer el proceso de fabricación de alimentos lácteos, destacando el conocido Requesón de A Capela (en función de la disponibilidad de dicha cooperativa).


Duración: ½ jornada.
Recomendaciones: calzado específico para caminar y ropa cómoda.
Todo el recorrido es guiado y la dificultad es media-baja (4 Km aprox.)





RUTA GUIADA Nº 6: RUTA DA PENA DOS TRES PÉS (MONTE FORGOSELO, CONCELLO DA CAPELA)

RUTA GUIADA Nº 6: RUTA DE "A PENA DOS TRES PÉS" (MONTE FORGOSELO, AYUNTAMIENTO DE A CAPELA)

O Monte Forgoselo está declarado como Lugar de Interese Comunitario, e atópase na súa maior medida no Concello da Capela.
A Ruta dos tres Pés é unha das máis fermosas que ofrece o espazo natural do Forgoselo. Comezaremos á beira da estrada, onde camiñaremos aproximadamente durante un kilómetro entre brañas (terreos baixos e mollados especialmente protexidos pola Comunidade Europea) ata o curro do Forgoselo, instalación construída para a “Rapa das Bestas”, tradición convertida en festa, na que se xuntan os cabalos que viven no monte en liberdade, co fin de rapalos e marcalos (algúns dos cales veremos ao longo do percorrido, xunto coas vacas que tamén se crían no monte).
Ao lado do Curro atopamos unha das numerosas mámoas da contorna, que nos recorda a importancia do megalitismo na nosa cultura.
Dende o Curro do Forgoselo comezaremos a nosa andaina cara a Pena dos Tres Pés, a través dunha paisaxe onde alternan brañas, queirugais, toxeiras, piñeirais, pequenos outeiros, regatos, e numerosas afloracións graníticas produto da erosión, como a propia Pena que dá nome á ruta.

Duración: ½ xornada.
Recomendacións: calzado cómodo para camiñar e impermeabilizado
Todo o percorrido é guiado e a dificultade é media-baixa (5,5 km aprox.)




El Monte Forgoselo está declarado como Lugar de Interés Comunitario, y  se encuentra en su mayor medida en el Ayuntamiento de A Capela.
La Ruta de Tres Pés es una de las más hermosas que ofrece el espacio natural del Forgoselo. Comenzaremos al lado de la carretera, donde caminaremos aproximadamente durante un kilómetro entre “brañas” (terrenos bajos y mojados especialmente protegidos por la Comunidad Europea) hasta el Curro do Forgoselo, instalación construída para a “Rapa das Bestas”, tradición convertida en fiesta, en la que se juntan los caballos que viven en el monte en libertad, con el fin de raparlos y marcarlos (algunos de los cuales veremos a lo largo del  recorrido, junto con las vacas que también se crían en el monte).
Al lado del Curro encontramos una de las numerosas “mámoas”  (enterramientos prehistóricos) del contorno, que nos recuerda la importancia del megalitismo en nuestra cultura.
Desde el Curro do Forgoselo comenzaremos nuestra caminata hacia la Pena dos Tres Pés, a través de un paisaje donde alternan “brañas”, brezales, tojales, pinares, pequeños oteros, riachuelos, y numerosas afloraciones graníticas producto de la erosión, como la propia Pena que da nombre a la ruta.

Duración: ½ jornada.
Recomendaciones: calzado cómodo para caminar e impermeabilizado
Todo el recorrido es guiado y la dificultad es media-baja (5,5 km aprox.)